Desde o Dpto. de Inglés do CEIP de Bormoio-Agualada e con relación á situación actual producida polo COVID19, que ampliará polo menos dúas semanas máis o xa establecido estado de alarmna nacional, sendo a paralización de toda actividade lectiva presencial de aproximadamente un mes, tomamos as seguintes medidas:
- Continuaremos utilizando o noso blogue de inglés para teletraballar e poñer a disposición da comunidade os recursos e materiais para estes días de illamento social.
- Xa que temos, dependendo do nivel e etapa, entre 1, 2 e 3h semanais totais, continuaremos organizando o traballo por niveis e en diferentes lapelas no blogue para facilitar a accesibilidade. O propio alumnado coñece e sabe acceder ao mesmo.
- As actividades serán colgadas diariamente, seguindo o propio horario semanal e serán as familias as que decidan canto tempo lle dedican aos recursos na medida das súas posibilidades.
- Debido á situación de moitas familias no rural que non terán acceso á web e ao “teletraballo”, por non dispoñer da tecnoloxía ou dos equipos necesarios, as actividades serán voluntarias, de repaso e non avaliables como marcan as directrices da Consellería de Educación. Durante este periodo, trataremos de activar coñecementos previos do alumnado e reforzar as destrezas adquiridas.
Así, establecemos como canle de comunicación:
- O propio blogue, cunha actualización diaria.
- Correo electrónico do mestre e do departamento, calquera dos dous, para dúbidas, envíos ou calquera outra comunicación.
- manuel.glez.igles@edu.xunta.es
- englishdept.ceip.agualada@gmail.com
- Actualización da web do centro (estade sempre antentos)
- Avisos a través da app Remind (estade sempre atentos)
Desde o Dpto. de Inglés invitamos ás familias e ao alumnado a seguir
as recomendación e as tarefas do blogue. Son sempre de carácter voluntario,
pero si que é recomendable seguir a manter o contacto coa lingua inglesa dalgún
xeito durante as vindeiras semanas.
- Recomendamos visualizar vídeos e cancións en inglés e programas televisivos en lingua orixinal con subtítulos en español.
- Seguimento das actividades, no propio blogue facilitamos exemplos para facer máis intuitivas as tarefas.
- Ademais no blogue haberá: descargables, fichas interactivas, propostas de actividades, aplicacións comunicativas e xogos.
Páxinas
con material recomendado para os alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º Educación Primaria: https://learnenglishkids.britishcouncil.org/es
Apps
recomendadas de aprendizaxe de inglés para Educación Infantil, 1º, 2º e 3º Educación Primaria: Discover
English with Timmy and his friends!
Comments
Post a Comment