Telegram: English Groups📱

Ola alumnos e familias!
Espero que vos atopedes ben💪. Vou facer esta entrada en galego para que se entenda sen problemas✅. Ata este momento, estiven publicando actividades no blogue, pero considero que é necesario amplialo con outra plataforma debido a pouco interacción que permite con vós🗩.  En primeiro lugar, pedirvos desculpas🙏  xa que estaredes un pouco saturados polas diversas canles de comunicación que temos os mestres. A realidade é que cada un está facendo o que pode, cun gran esforzo💦 de adaptación a esta nova realidade e utilizando os medios cos que un está máis cómodo e mellor coñece. De aí a diversidade. Pola miña parte, os cambios que fago é sempre coa idea💡 e ca intención de mellorar e ampliar a comunicación📡, máis se cabe tendo en conta que non sabemos ata cando se vai prolongar esta situación, polo que espero que así sexa e pídovos un pequeno esforzo.

Co fin de adaptarse aos tempos actuais, propoño unha plataforma segura, que permita comunicarnos directamente, de forma máis sinxela e sobre todo a través dun medio que está á vosa disposición como é o móbil📱. Obviamente, de balde. Estou falando de Telegram, aplicativo similar ao archicoñecido Whatsapp. Que porqué Telegram e non Whatsapp? Telegram protexe os datos de carácter privado, polo que por defecto non permite acceder ao número de móbil de cada un de nós📴. Alén disto, permite traballar simultáneamente tanto no móbil como en outros dispositivos, como o ordenador💻 ou a tableta. Isto quere decir que aínda que sexa a través do voso número de teléfono, permitiría que mentres o pai/nai👨👩 utiliza o móbil para outros asuntos, os vosos fillos👦👧 poderían acceder ao mesmo tempo nun ordenador ou tableta na web e comunicarse comigo, se así fose menester.

Gústame sobre todo para o alumnado máis maior, dada as posibilidades de comunicación que ofrece e a motivación que aporta. Como seguro que comprenderedes, para unha materia de lingua👅 isto é moi interesante. Ben é certo que para o alumnado menos autónomo isto pode ser unha utopía (alumnos, podedes buscar🔎 que significa isto), pero quizáis o interesante é chegar a eles a través de vós (pais e nais) e poder así establecer comunicación directa entre nós👪. Repito, o obxectivo🎯 e facilitar o acceso e a fluidez. Para o alumnado máis maior que, por sorte e sempre baixo vixilancia dos seus proxenitores🔎, dispoña de móbil propio📱 será súper accesible e permitirá moita máis fluidez na nosa comunicación.

Gustaríame poder reunir a todas as familias/alumnado👪 en diferentes grupos por curso para poder acompañar ao alumnado nestes momentos, poder falar con eles, plantexar actividades, etc. Por suposto, todo isto é voluntario🤷, como as propias actividades. Fágoo porque considero que é o meu traballo👷 ofrecer solucións e  gustaríame contar ca vosa colaboración e apoio nesta nova andaina así como escoitarvos. Tedes suxerencias, dúbidas? Preferencias?💬 Aquí douvos a posibilidade de falar e concretar as vosas inquietudes. Seredes escoitados👂. A través desta plataforma será tamén máis doado concretar posibles reunións telemáticas📹 así como difundir información útil, sen perxuicio de seguir co blogue, por suposto.

Preparei unhas capturas de pantalla para facilitar os pasos a seguir para unirvos aos grupos en Telegram👍 (ver abaixo). Gustaríame tamén que difundírades esta información entre vós, os propios compañeiros e compañeiras e entre as familias, nos vosos grupos, a ver se podo chegar a todos. Que dicides, Vémonos en Telegram? 
Aquí tedes os grupos:
  • Ligazón para alumnado/familias 6º Educación Primaria
  • Ligazón para alumnado/familias 5º Educación Primaria
  • Ligazón para alumnado/familias 4º Educación Primaria
  • Ligazón para alumnado/familias 3º Educación Primaria
  • Ligazón para alumnado/familias 1/2 º Educación Primaria
Titorial/Capturas de Pantalla👇
Fai click no grupo ao que pertences.

Descargamos a app.

Descargamos e instalamos a app

Inserimos o noso nº de móbil (non é visible para o resto por defecto) e escribimos o código recibido pola app vía SMS.

Poden aparecer mensaxes que hai que ir aceptando (ou non).

Facemos click nas raias situadas na esquina superior esquerda

Imos a axustes para poñer o noso nome.

Facemos click nos puntiño da imaxe

Escribimos a nome como se indica, ou como prefirades, pero dalgunha forma ten que aparecer o nome do alumno para saber eu quen é.

Voltamos a facer click no grupo ao que nos queremos unir...
Imos outra vez ao enlace da clase do blogue, abrimos ca app Telegram e unímonos ao grupo. Podedes dicir: "Ola, son ___, a nai de ____". Así xa vou vendo que accede.

Xa estaríades no grupo. Cada un no seu nivel.

Comments